A Lei de Costas modifica o proxecto de recuperación de San Felipe

As obras da Casa do gobernador comezarán a comezos do vindeiro ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Malia a que a achega do Ministerio de Cultura se anunciara xa o pasado mes de febreiro, non será ata comezos do vindeiro ano cando comecen as obras de rehabilitación da Casa do Gobernador, no Castelo de San Felipe. O proxecto ten un prazo de realización de dez meses. Ademais, o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, anunciou que o proxecto de transformar este recinto nun hotel terá que ser modificado polas esixencias da Lei de Costas. Segundo el, o concello está a valorar a posibilidade de instalar os aloxamentos nun edificio próximo ao castelo, deixando os servizos no interior das murallas.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Ministerio de Cultura, Ferrol, Castelo de San Felipe

Claves

Conceptos