As obras no Castelo de San Felipe están a piques de comezar

Hai un ano que se anunciara o investimento para recuperar a Casa do Gobernador

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Logo de case un ano que o Ministerio de Cultura aprobase o seu investimento, nos vindeiros días comezará a recuperación da Casa do Gobernador, no Castelo de San Felipe. O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, reuniuse cos responsables da empresa Geocisa, que emprenderá os traballos en vindeiras xornadas cun orzamento de 594.390 euros, segundo recolle Diario de Ferrol, o que supón 200.000 euros menos anunciado inicialmente. Está previsto que as obras se prolonguen ao longo dos vindeiros dez meses e que permitan restaurar os muros da fachada e mais a cuberta do edificio.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Castelo de San Felipe, Ferrol, Ministerio de Cultura...