Ferrol compra a casa de Carvalho Calero

O investimento de 350.000 euros é o primeiro paso para a recuperación do inmoble

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un total de 350.000 euros é o prezo que o Concello de Ferrol pagou pola casa natal de Ricardo Carvalho Calero. A adquisición do inmoble do filólogo e escritor permitirá iniciar nas vindeiras semanas os traballos de limpeza e conservación do mesmo. A intención municipal é instalar un centro cultural e unha biblioteca neste espazo. Os traballos de rehabilitación estenderanse aos dous predios anexos, tamén adquiridos polo Concello. As actuacións no conxunto contan cun orzamento de 198.000 euros.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carvalho Calero, Concello de Ferrol

Claves

Protagonistas
Lugares