Ferrol comeza cunha publicación as homenaxes a Carvalho Calero no seu centenario

A casa do intelectual sufrirá obras de urxencia para evitar o seu deterioro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Os eventos para celebrar o centenario de Carvalho Calero comezan este ano en Ferrol coa publicación do libro documental Carvalho Calero, de Ferrol para o mundo. Imaxe de cen anos. A obra percorre polo miúdo a biografía deste filólogo e literato, achegando numerosas imaxes e documentos. O vindeiro día dezaoito abrirase unha grande exposición que recolle boa parte deste material no centro cultural que leva o nome de Carvalho. Ademais, o Concello anunciou que investirá 80.000 euros en intervencións de urxencia na casa do escritor. As obras, que comezarán como moi tarde a comezos de febreiro pretenden deter o avanzado deterioro do inmoble.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carvalho Calero, Documental

Claves

Protagonistas
Conceptos