A figura de Carvalho Calero, filólogo e literato ferrolán, será analizada "Ricardo Carvalho Calero. Memeoria do Século" que se celebra desde hoxe e ata o sábado. O simposio, organizado pola Univesidade de A Coruña e a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, transcorrerá na Facultade de Filoloxía da Cidade Herculina e na Facultade de Humanidades do Campus de Esteiro en Ferrol.
Conferencias
O simposio contará coa participación de destados estudiosos da lingua e da literatura galega que tratarán diferentes aspectos da vida e da obra do polifacético ferrolán. Así, nas dúas primeiras xornadas, Elías Torres, Ramón Mariño Paz, Manuel Forcadela e Arturo Casas, entre outros, tratarán a narrativa e a investigación de Carvalho Calero. Xosé María Álvarez Cáccamo, Kathleen March e Pilar Pallarés abordarán o aspecto poético do autor. Guisám Seixas, Xosé Ramón Barreiro, Xusto Beramendi ou Isaac Díaz Pardo serán outros dos conferenciantes tratando aspectos coma o teatro, a súa intervencón política e a súa persoa.
Obxectivos e actos
Segundo Francisco Salinas Portugal, coordinador do simposio, este encontro pretende conmemorar os dez anos da morte de Carvalho Calero, recuperando a memoria desta figura. Coincidindo con este simposio, o Departamento de Galego-portugués, Francés e Lingüística da Universidade de A Coruña publicou un volume que recolle trinta e dous texto do profesor ferrolán sobre o teatro. Dentro dos actos do simposio, celebrarase unha homenaxe e un recital de poemas do homenaxado.
Vida e obra
Carvalho Calero participou activamente no galeguismo desde os tempos da República, colaborando na redacción do primeiro anteproxecto do Estatuto de Autonomía. Durante o franquismo chegou a ser o primeiro catedrático de Filoloxía Galega pola Universidade de Compostela, publicando unha Historia da Literatura Galega que aínda hoxe é manual de referencia. A súa creación literaria vai desde a poesía, de carácter vangardista, á narrativa e o teatro. Membro da Real Academia Galega, abandonou o seu posto cando se aprobou a normativa oficial, en coherencia coas súas teses reintegracionistas. Morreu en 1990.