Ferrol anuncia un complexo cultural na casa de Carballo Calero

O Concello presenta un anteproxecto no que inclúe un museo sobre o autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Recreación do proxecto para casa de Carballo Calero. Fonte: Facebook do Concello de Ferrol.

Recreación do proxecto para casa de Carballo Calero. Fonte: Facebook do Concello de Ferrol.

"Un complexo cultural e de servizos", que poderá integrar unha "zona de usos múltiples, un espazo de coworking, e, por suposto, a Casa Museo de Carvalho Calero". Esta é a proposta que o Concello de Ferrol, a través da concellería de Urbanismo, presentaba este 9 de abril para o conxunto de cinco inmobles do que fai parte a casa natal do homenaxeado no Día das Letras 2020. A iniciativa, que prevé a reconstrución da vivenda, afectará a un total de 1.163 metros cadrados e quere "conservar a estrutura das parcelas dunha forma recoñecible e recuperar a individualidade das edificacións que había". O concelleiro de urbanismo, Julián Reina, adiantou que aínda non está pechada a definición exacta de todos os usos, e non descartou o traslado dalgún servizo municipal ao inmoble.

A cámara municipal prevé ter completado proxecto en 2023 cun orzamento de máis de 1,5 millóns de euros, a incluír IVE, do que participará o Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder) no marco do Programa Operativo Plurirregional de España Feder 2014-2020 ao abeiro da Estrategia de Desarrollo Urbano Sostenible e Integrado (Edusi) "Ría de Ferrol, Cidade 2020".

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carballo Calero, Carballo, IVE, Carvalho Calero...