A Orquestra Sinfónica de Galicia fará unha xira por España

A formación estreará obras de Fernando Buíde e Nani García na súa nova temporada

A formación estreará obras de Fernando Buíde e Nani García na súa nova temporada
A Coruña acollía este venres 7 de xuño a presentación da nova temporada da Orquestra Sinfónica de Galicia. Un orzamento de 2,1 millóns de euros sosterá este programa que amplía a súa actividade a novas localidades do país. En total serán 35 concertos de abono na Coruña e 15 actuacións en Ferrol, Vigo, Santiago, Mondoñedo, Vilagarcía, Ponteareas, Carballo, Melide, Rianxo, Arteixo, Culleredo ou Vimianzo e como novidade esta tempada, Sobrado e Ribeira.

A nivel de programa, a temporada inclúe dúas estreas absolutas encargas da propia formación Cántico para soprano solo de Fernando Buide e Ekphrasis de Nani García e tres estreas en España de obras de Glanert, Conneson e Wallen. Canda a isto, a agrupación contará con obras de Mahler, Bruckner, Beethoven ou Shostakóvich no seu cartel.

Ademais, a OSG contará coa Real Filharmonía de Galicia, a Orquesta Sinfónica de Castilla y León, a Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias e Orquesta Nacional de España como formacións convidadas ao longo da temporada.

Como novidade, a banda galega visitará Madrid, Barcelona, Valladolid, Bilbao e Xirona na que é a súa primeira xira exterior. A Deputación da Coruña financia esta temporada nun 70%, a completar a Xunta de Galicia os fondos para o funcionamento da formación.