Arranca en Culleredo o ciclo Grandes coros de ópera

O proxecto está liderado pola Orquestra Sinfónica de Melide

13/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A Antiga Universidade Laboral de Culleredo acollerá esta noite un concerto singular no que participarán uns 180 músicos. As corais polifónicas El Eco de la Coruña, o Liceu Casino de Vilagarcía e a Orquestra Sinfónica de Melide ofrecerán a primeira dunha serie de galas líricas que interpretarán pezas de Verdi como Nabucco, Aída, Il Trovatore, La Traviata ou Macbeth. O proxecto chámase Grandes Coros de Ópera, e con el a Sinfónica de Melide pretende estender a actividade musical á provincial. A Coruña, Ferrol e Santiago son algunhas das localidades polas que xirará o espectáculo que conta cunha achega de 65.600 euros da Deputación da Coruña.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Melide, A Coruña, Ópera, Culleredo...