A Orquestra Sinfónica do Sur de Galicia chega mañá a Compostela

Sinfonía do sur en Compostela

Compostela, sé da Orquestra Filharmónica de Galicia, acollerá mañá a última formación de música clásica aparecida no panorama galego, a Orquestra Sinfónica do Sur de Galicia. Esta orquestra pretende, segundo os seus responsables ser unha vía para a promoción dos xóvenes músicos galegos.

O lugar da Xoven Orquestra





Cándido Fernández Chedas, director da nova formación, sinala que non pretenden competir coas orquestras xa existentes en Galicia, senón ocupar, mellorado, o lugar da extinta Xoven Orquestra de Galicia, dando a posibilidade os músicos novos de Galicia e do norte de Portugal de teren unha canle de expresión. Ademais, a Sinfónica do Sur quere dar un pulo na recuperación da música clásica galega, coa interpretación en tódolos seus concertos dalgunha peza deste tipo.














Concerto



Despois de ter actuado en lugares como Ponteareas, o centro Caixanova de Vigo, Ourense ou a Caixa de Galicia en Madrid, a Sinfónica do Sur chega a Compostela mañá cunha actuación que suporá a súa "posta de longo" no mundo da música galega. O concerto será as oito da tarde no Auditorio de Galicia, sé da Orquestra Filharmónica de Galicia.





Mocidade



Os 62 membros da orquestra, que en xaneiro se incrementarán ata 75, teñen na súa maior parte unha idade que oscila entre os oito e os 25 anos. Desde a orquestra, formada a partir da Fundación Reveriano Soutullo, agarda crear bolsas que permitan ós seus membros estudiar en centros próximos a Ponteareas, sé da organización, para axilizar os ensaios.