A TVG emitirá en todas as súas canles os concertos da Orquestra Sinfónica

A galega sempre clásica

6/2/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Javier Losada, presidente do Consorcio para a Promoción da Música do que depende a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), e Benigno Sánchez, director xeral da CRTVG, asinaron onte un acordo que une música e imaxes. En virtude deste convenio, A Galega gravará os concertos da OSG co obxectivo de emitilos no programa cultural “Sempre clásica” (os domingos pola mañá), ademais de poder difundilos a través das canles de televisión que ten para Europa e Latinoamérica.

Máis información en La Opinión e no web da Orquestra Sinfónica

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, OSG, Orquestra Sinfónica de Galicia, La Opinión...