Patrick Alfaya deixa a Sinfónica de Galicia pola de Barcelona

Reaxustar a partitura

22/9/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Chegou á Coruña para ser o xerente máis novo dunha orquestra Sinfónica. Sete anos despois, Patrick Alfaya marcha para ocuparse da Orquestra Sinfónica de Barcelona i Nacional de Cataluña. Deixa tras de si unha traxectoria imparable para a formación coruñesa que medrou en seguidores, é orquestra participante nun festival tan prestixioso como o de Pésaro e está a piques de iniciar o salto a América Latina. Un traballo que non desenvolveu só, senón que contou co actual director Víctor Pablo Pérez. Aínda que non hai substituto, desde a OSG aseguran que xa iniciaron contactos previos con algúns candidatos.

Máis información en La Opinión e sobre a Sinfónica na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona, Víctor Pablo Pérez, La Opinión, OSG...