A Sinfónica de Galicia volverá a apoiar ao Festival da Ópera da Coruña

Reencontro musical

7/3/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A Sinfónica de Galicia colaborará no 53 aniversario do Festival da Ópera da Coruña, ben a través da Orquestra Nova, ou ben correndo cos gastos de contratación doutras agrupacións. O certame, que se celebrará en outono, ten previsto ofrecer montaxes de “A traviata” e “A sonámbula”. Deste xeito ponse punto final a dous anos de declaracións cruzadas e de acusacións logo de que a Sinfónica de Galicia decidise desvencellarse da organización do festival lírico de outono logo por ter que atender a outros compromisos que tiña apalabrados (como o Festival Internacional Rossini de Pésaro).

Máis información en La Opinión e sobre o festival na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Montaxes, La Opinión, Culturagalega

Claves

Conceptos