A Sinfónica de Galicia inaugura a temporada trala súa aplaudida xira por América

Un piano de apertura

19/10/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Entre a xira por Sudamérica e as citas pendentes en Alemaña, a Orquestra Sinfónica de Galicia aterra na Coruña para ofrecer o primeiro concerto da temporada. Faino no seu recinto habitual, Pazo da Ópera da Coruña (20:30 horas) co pianista ruso Arcadi Volodos como principal reclamo. Ábrese así a temporada na que a formación coruñesa interpretará a integral das sinfonías de Beethoven e que achegará a Natalie Stutzman, Alexei Volodin, ou Libos Pesek.

Máis información no web da Orquestra Sinfónica de Galicia e na nosa hemeroteca sobre a formación

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con América, Orquestra Sinfónica de Galicia, A Coruña, Beethoven...