A Sinfónica de Galicia crea un programa para achegar a música clásica a todos os públicos

Música low cost

21/11/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Un dos retos para este ano da Orquestra Sinfónica de Galicia pasaba por tentar achegarse a todos os públicos. E esa declaración de intencións acaba de converterse nunha realidade a través de “Festiclass”. Trátase dun segundo abono para cinco concertos a baixo prezo (entre catro e doce euros) que tentará facer un achegamento cronolóxico pola creación sinfónica de Beethoven ofrecendo a integral das sinfonías con outras obras como o seu concerto para violín ou a obertura Coriolano.

Máis información no web da Orquestra Sinfónica de Galicia

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Orquestra Sinfónica de Galicia, Galicia Crea, Beethoven