A Sinfónica de Galicia acorda coa ONCE editar os programas en braille

Música en braille

11/3/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Todos os cegos que asistan a un concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) poderán ter os programas en braille. Foi grazas a un acordo asinado coa Delegación Territorial da Once e co que a OSG se converte na primeira orquestra europea en facelo. Así, coas entradas obterán un folleto coa información do concerto relativa aos autores, ás obras, aos intérpretes e un breve resume histórico das composicións. O seguinte paso será a adaptación do sitio web da Sinfónica ás novas normativas e recomendacións europeas.

Máis información no web da Sinfónica de Galicia

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OSG, Orquestra Sinfónica de Galicia

Claves

Entidades