A Deputación da Coruña distribúe 784.000 euros entre asociacións culturais

A entidade achegou tamén 1.500.000 euros de axudas á cultura para concellos e entidades locais

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Preto de trescentas entidades culturais sen ánimo de lucro da provincia da Coruña reparten os máis de 784.000 euros con que esta entidade apoisa as actividades de asociacións deste tipo. O Boletín Oficial da Provincia publicaba onte a lista de iniciativas que se beneficiarán desta convocatoria, e que inclúen asociacións culturais, organizacións de mocidade, cooperativas do ámbito da cultura, comisións de recuperación da memoria ou escolas de música. Entre as entidades que acadan un maior apoio á súa actividade atópase a Escola de Música de Rianxo, que contará con 25.000 euros, aCentral Folque, con 24.996, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, que obtivo 15.095 ou a LIX Edición dos Cursos Universitarios e Internacionais de “Música en Compostela”, subvencionados con 15.000.

Ademais desta liña de axudas, a entidade fixo tamén pública recentemente a distribución das subvencións a concellos e entidades locais para a realización de investimentos culturais e de actividades, cun orzamento total que ascende a 1.500.000 euros. As dúas partidas medraron desde o pasado exercicio en 300.000 e 400.000 euros respectivamente.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Deputación da Coruña, Escolas, LIX...