Cultura anuncia 300.000 euros de axudas a entidades non lucrativas

Os subsidios poden chegar a 30.000 euros en cada caso

29/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Fundacións, asociacións e institucións culturais poderán optar ás axudas que anunciaba esta fin de semana a Consellaría de Cultura. Aínda pendente de se publicar no Diario Oficial de Galicia, a convocatoria distribuirá un total de 300.000 euros, cun máximo de 30.000 euros por colectivo, entre as entidades sen ánimo de lucro e radicadas en Galicia que desenvolvan actuacións de carácter supraprovincial destinadas á "promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúan ao espallamento e promoción da cultura galega".

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Asociacións

Claves