Cultura convoca as axudas para entidades culturais

Apoia con 300.000 o traballo de fundacións, asociacións e institucións

13/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

As fundacións, asociacións e institucións culturais que desenvolvan actividades "destinadas á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúen ao espallamento e promoción da cultura en Galicia" na nosa comunidade poden optar ás subvención que anuncia hoxe a Consellaría de Cultura. A liña de axudas conta, ao igual que o pasado ano, cun orzamento total de 300.000 euros, aínda que Cultura sinala que o monto total podería ampliarse "en función das dispoñibilidades orzamentarias". Os interesados en participar destas axudas teñen un mes de prazo,contado a partir de mañá, para as solicitar.

Que che parece esta nova?
17 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Animación

Claves