As axudas para arquivos continúan a medrar e acadan 145.000 euros

O DOG recolle esta convocatoria destinada a entidades locais e sen ánimo de lucro

19/2/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Tanto entidades locais como aquelas sen ánimo de lucro dispoñen dun mes para solicitar as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos que publicaba onde o Diario Oficial de Galicia. A Consellaría de Cultura incrementa, por terceiro ano consecutivo, os fondos desta liña que acadan 145.000 euros fronte aos 77.740 de 2017. A convocatoria procura facilitar "a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística", e cada solicitude poderá recibir un máximo de 6.000 euros.

Segundo adianta a Consellaría de Cultura, na distribución teranse en conta criterios como o nivel de autofinanciamento, a viabilidade do proxecto ou, no caso de entidades locais, o número de habitantes do concello, así como a a antigüidade e interese dos fondos. No pasado ano contaron con estas axudas catorce concellos e seis entidades sen ánimo de lucro.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais

Claves

Conceptos