Preto de 30 entidades acadan axudas da Xunta para a catalogación arquivística

En total destinaranse 145.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

20 concellos e sete entidades sen ánimo de lucro son as beneficiarias das axudas concedidas pola Xunta para a "descrición de fondos documentais dos arquivos galegos" e que en total achegan uns 145.000 euros. Deles, a gran maioría, 110.000, irán destinados á catalogación dos arquivos e outros fondos municipais, mentres que 35.000 se destinan a outras entidades sen ánimo de lucro. Entre os concellos, son As Pontes de García Rodríguez, Ordes e A Pastoriza os que recibirán unha contía superior (por riba dos 14.000 euros). Nas entidades sen ánimo de lucro a principal beneficiaria é o Arcebispado de Santiago (máis de 19.000), a Fundación Isla Couto (máis de 13.000) e a Fundación Manuel María (máis de 11.000).

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Documentais, Fundación Manuel María, As Pontes...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares