A Deputación da Coruña apoiará o desenvolvemento de festivais musicais e de artes escénicas na provincia cun investimento total de 1.033.363 euros. A entidade fixo pública a través do BoletÃn Oficial da Provincia a resolución das liñas de axudas que apoian a organización destes eventos por parte de concellos e mais por entidades sen ánimo de lucro.
En total, 52 propostas deste tipo recibirán axudas do organismo provincial, das cales 24 están xestionadas por concellos e distribuirán 549.993,17 euros. Outros 28 festivais desenvólvense da man de entidades sen fins de lucro e repartirán un total de 483.370,29 euros.
Destas últimas, as que reciben unha maior contÃa para o seu desenvolvemento son o festival (S8) eo FIOT de Carballo, con 45.000 euros, e mais a Festa das Carrilanas de Esteiro e o Festival Feito a Mán de Compostela, que contarán con 30.000 euros cada un.
Nos eventos organizados por concellos, lideran o financiamento o Festival de Ortigueira con 63.750 euros, e os festivais de cinema Cineuropa, coa mesma contÃa, e CurtocircuÃto, que recibirá 54.950. Se ben a cifra total das axudas é superior aos 988.702 euros da convocatoria de 2021, o número de propostas beneficiarias baixou en catro.