Case trinta dos festivais previstos na provincia da Coruña este ano non se realizaron, pero a cifra dos que si se fixeron é aÃnda superior. Todos eles concorreron inicialmente á dupla convocatoria de axudas ao desenvolvemento festivais organizados por concellos e entidades sen ánimo de lucro da Deputación Provincial, que ven de facer pública a lista dos corenta festivais que si decidiron seguir adiante e se celebraron ou celebrarán coa achega do ente provincial. Corenta festivais celébranse este ano na provincia adaptando os seus calendarios, formatos e programas ás condicións sanitarias impostas pola pandemia. "É unha boa noticia -sinala o deputado de Cultura, Xurxo Couto- porque supón que as organizacións, tanto concellos como entidades, optaron por modelos de cultura segura e por manter uns eventos que son de especial importancia tanto para a promoción e difusión cultural como para a dinamización do sector nun momento especialmente delicado". En total, a Deputación da Coruña concedeu 337.805,23€ ás entidades sen ánimo de lucro e 345.967,61€ aos concellos organizadores de festivais.
En canto ás vinte e nove cancelacións sinaladas que se retiraron da convocatoria, apunta que se debe "ás decisións adoptadas polas propias organizacións, en especial, por estar previstos no momento máis difÃcil da pandemia, cando as condicións impedÃan o desenvolvemento de actos públicos ou mesmo no propio perÃodo de confinamento". Pola banda dos eventos organizados desde entidades sen ánimo de lucro desistiron de levar adiante edición este ano festivais como o Abride a Fiestra da Fundación RosalÃa de Castro, Festival Musical Rock & Dorna, Castelo Rock, Carballeira de Zas, o Festigal, Rock in Rian, O Loru Facu ou Festival do RÃo Castro. En canto aos organizados polos concellos, canceláronse ou desistiron de participar nesta convocatoria quince festivais, entre eles o Millarock de Ames, Cinema Miúdo de Ames, GuÃsamo Folk de Bergondo, Un Mar de Danzas de Camariñas, Rock in Cambre, Traz outro amigo Tambem de Cedeira, Foliada e Festival do Melindre de Melide, Noite de Bolos de Neda, Desordes Sonoras de Ordes, Naturfest de Rois, Chanfaina Lab de San Sadurniño ou Asalto ao Castelo de Vimianzo.