A Deputación da Coruña distribúe un millón de euros entre 63 festivais culturais

As axudas apoian 28 eventos organizados por concellos e 35 convocados por entidades

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A Deputación da Coruña distribúe un millón de euros entre 63 festivais culturais

Un total de 63 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas da Provincia da Coruña reparten 1.065.127 euros das axudas que concede a Deputación da Coruña a estas citas. A entidade publicaba o pasado venres no seu web da listaxe de beneficiarios desta liña de subvencións, que achega 545.608 euros a 28 festivais organizados por concellos e 519.519 a 35 desenvolvidos por outras entidades. Entre as citas que contan con máis apoio están eventos coma o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que obtén 95.000 euros, Cineuropa (76.000), Curtocircuíto (75.000) ou o Outono de Teatro de Carballo (56.050).

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Artes Escénicas, Teatro, Celta...