A Deputación da Coruña, ven de facer pública a resolución das axudas a festivais de música, artes escénicas e audiovisuais organizados polos concellos da provincia. O ente repartirá nesta fase máis de medio millón de euros para apoiar estes eventos e nunha seguinte resolución repartirá unha cantidade semellante entre festivais organizados por entidades. Dos 518.187,14 € que a área de Cultura destina a festivais organizados por concellos máis da metade (267.428, 69 euros) vai para apoiar citas de carácter audiovisual. Dos vinte e cinco beneficiarios desta liña de axudas aqueles que reciben as maiores partidos son o CurtocircuÃto de Santiago e o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, con 90.000 euros cada un deles para a súas edicións do presente ano. A Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón é o evento teatral que maior cantidade recibe con 21.288,38 euros asignados. Festivais como Cineuropa, Rock in Cambre, Festival Carballo Interplay , Festival Desordes Sonoras, Mostra de Teatro de Cariño, Traz outro amigo Também de Cedeira, Fartar de Arteixo ou Val de Rúa de Betanzos son algúns dos outros beneficiarios da liña de axudas para concellos en concorrencia competitiva seguindo criterios obxectivos como traxectoria, impacto social, número de edicións ou presenza de grupos, bandas e producións galegas.
En poucos dÃas darase a coñecer a resolución de axudas para festivais organizados por entidades co que a Deputación da Coruña achegará un millón de euros só para os celebrados na provincia. "Supón unha aposta clara polos festivais, tanto organizados polos concellos como os de entidades, como escaparates da nosa cultura, dinamizadores culturais e eventos de vital importancia para o sector da cultura", explica Goretti SanmartÃn, responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña. "O esforzo deixa á vista o noso compromiso cos festivais como eventos culturais mais tamén recursos turÃsticos de primeiro nivel e cunha importante repercusión económica para os concellos", sinala Goretti SanmartÃn.