A Fundación Risco celebra as XII Xornadas Romasanta

Ourense acolle as actividades os días 29 e 30 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A Fundación Risco celebra as XII Xornadas Romasanta

A combinar romances, contos tradicionais e teatro Ourense acolle estes días 29 e 30 de outubro a celebración das XII Xornadas Romasanta. A Fundación Vicente Risco organiza esta xeira arredor do coñecido como Lobisome de Allariz. O encontro comezará o dia 29 a mediodía cunha sesión das Cantigas e romances O Cegho de Matamá e Aldariña de Candeán na Praza do Ferro da Cidade das Burgas.

Na noite desta mesma xornada, o Teatro Principal acollerá unha representación da obra Malnacido, na que o actor Fernando Caride se pon na pel do propio Romasanta. No día 30, o Liceo de Ourense acollerá unha sesión de contos tradicionais a partir da obra O Lobo da xente de Vicente Risco a cargo Juan José García, Marcos Lama, Pilar Mira e José Alberto Martínez. Esta última actividade xorde do obradoiro de conto tradicional para webserie que a Fundación programou ao longo do mes de outubro de xeito paralelo.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vicente Risco, Teatro, Contos, Fundación Vicente Risco...