O mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, conta desde este 18 de xuño cun novo espazo para exposicións e usos culturais. Representantes do Goberno Central, da Xunta e do Arcebispado inauguraban nesta data a restauración do antigo pavillón historicista, construÃdo no século XIX, que conta cunha superficie de 765 metros cadrados.
Os fondos para a rehabilitación saÃron na súa maior parte do programa do 2% cultural do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e foron complementados con achegas da Xunta de do Arcebispado de Santiago. Segundo a súa web, o Ministerio achegou 861.004,03 euros esta a actuación dun orzamento de 1.148.005,37 euros, mentres o Arcebispado eleva o investimento total a 1.337.727,58 euros.
Os traballos centráronse na rehabilitación e a posta en valor do pavillón "recuperando a tipoloxÃa construtiva orixinal, liberando os espazos ocupados polas construcións de ladrillo recentes e as instalacións e servizos dos obradoiros de canterÃa e carpinterÃa", segundo informa a Xunta. Canda a isto, recuperouse a estrutura de ferro fundido e a de madeira da construción e restauráronse os muros de pedra que pechan o fondo do espazo. Ademais, dividiuse o interior cun novo andar que se apoia no muro e se sostén con cables de aceiro, atrasado respecto á fachada principal.
O espazo, situado nun dos patios do conxunto, conta agora ademais cun feche de vidro e madeira e destinarase a "un uso expositivo, museÃstico e cultural, vinculado ao museo e áreas culturais que xa existen no monumento e a aqueles que desenvolva a Arquidiocese de Santiago de Compostela".