A exposición Hospitalitas percorre a acollida como soporte da peregrinación xacobea

A mostra conxunta de Las Edades del Hombre integra 170 obras entre Santiago de Compostela e Vilafranca do Bierzo

20/6/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: historia
55 lecturas | Compartido 0 veces

Alfonso Rueda visita a exposición en compañía de Daniel Lorenzo. Foto: Xunta

170 obras de arte sacra integran a nova exposición da fundación "Las edades del hombre", que por primeira vez se realiza de xeito conxunto en Galicia e a comunidade orixinaria deste emblemático ciclo de obras de arte sacro: Castela e León. A exposición "Hospitalitas", inaugurada o martes pasado e centrada no Camiño de Santiago as peregrinacións, conta con sedes en dúas poboacións, Vilafranca do Bierzo e Santiago de Compostela, e dentro de Santiago se reparte entre a cripta da catedral e o mosteiro de San Martiño Pinario. A exposición conta con obras de Juan de Juni, Gregorio Fernández, Luisa roldán, El Grego, Luis Salvador Carmona, Venancio Blanco ou Vela Zarreti. O comisariado das sedes galegas foi levado a cabo polo director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela, Daniel Lorenzo e o director técnico-conservador do museo da mesma catedral, Ramón Yzquierdo. Hospitalitas pódese visitar ata novembro de 2024.


Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santiago de Compostela, Catedral, Bierzo, Ramón Yzquierdo...