A Xunta trae "Las edades del hombre" a Galicia

A exposición terá en 2024 as súas sedes en Santiago de Compostela e Vilafranca do Bierzo

| Santiago. Redacción | Seccións: CulturaExposicións
Compartir:
Os presidentes de Castela e León e Galicia no Cebreiro. Foto: Xunta

Os presidentes de Castela e León e Galicia no Cebreiro. Foto: Xunta

A Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León chegaron a un acordo coa fundación "Las edades del hombre" para que Santiago de Compostela e Vilafranca do Bierzo sexan as sedes para as exposicións de 2024. "Las edades del hombre" é un dos proxectos expositivos máis lonxevos do Estado español, coa súa primeira edición celebrada en 1988 e da que, en 2024, se abrirá a XXVII edición. Cun patronato constituído por todos os arcebispados e bispados de Castela e León, o seu obxectivo é a celebración de exposicións que poñen en valor o patrimonio eclesiástico do territorio castelán, sempre estruturadas ao redor dun gran tema e con éxito de público. Desta volta, a aldea do Cebreiro serviu como escenario para a presentación do acordo entre as dúas comunidades, a través dos seus presidentes Alfonso Rueda e Alfonso Fernández Mañueco, coa fundación Las edades del hombre, representada polo bispo de Osma-Soria Abilio Martínez. O tema desta edición será a hospitalidade, vinculada ao Camiño de Santiago. A exposición xa está en proxecto, aínda que non se concretaron as datas de inauguración, e conta coa colaboración do arcebispado compostelán e o bispado de Astorga.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bierzo, Santiago de Compostela, Exposicións, Camiño de Santiago...