Rehabilitarán o pavillón historicista de San Martiño Pinario

Será empregado para usos culturais

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Foto: Xunta de Galicia

Foto: Xunta de Galicia

O mosteiro de San Martiño Pinario conta cun pavillón historicista do século XIX nas zonas abertas do interior do mosteiro que será rehabilitado dentro das liñas do plan director establecido para o conxunto monástico. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o reitor de San Martiño Pinario, Carlos Álvarez, presentaron a seguinte fase das iniciativas de posta en valor do gran mosteiro comnpostelán. A rehabilitación do pavillón, que se fará con cargo parcial ao 1,5% cultural, recuperará a tipoloxía construtiva orixinal, liberaranse espazos ocupados polas construcións de tixolo recentes e recuperarase a estrutura de ferro fundido, as tesoiras de madeira e os muros que a sosteñen, dándolle un peche transparente e diáfano e unha entreplanta para diferenciar superficies.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Martiño, San Martiño Pinario, Carlos Álvarez, Román Rodríguez...