O Museo de Pontevedra culmina a súa ampliación coa reapertura do edificio Sarmiento

Súmase á inauguración do Sexto edificio que tivo lugar este ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
O Museo de Pontevedra culmina a súa ampliación coa reapertura do edificio Sarmiento

Foron case dúas décadas en obras e un investimento que superou os 28 millóns de euros. O proxecto de ampliación do Museo de Pontevedra conclueu onte coa reapertura do edificio Sarmiento. Construído entre 1695 e 1714, foi inicialmente a sede do Colexio da Compañía de Xesús. A principios dos oitenta integrouse como un un dos espazos do Museo e agora exhibirá os fondos arqueolóxicos correspondentes á prehistoria e á idade antiga, a arte medieval ata o gótico, a olaría tradicional de Galicia, a louza de Sargadelos e a colección Sánchez-Mesas. Á inauguración acudiron numerosas personalidades do mundo da política e da cultura e hoxe abre ao público.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Sexto: o permanente

Sexto: o permanente

Revisamos as obras máis emblemáticas do último edificio do Museo de Pontevedra

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Prehistoria, Sargadelos

Claves

Conceptos
Lugares