É o séxto, o último, o que alberga a colección permanente. Foron necesarios case vinte anos e trinta millóns de euros para que o empeño de Manuel Abelenda á fronte da Deputación tomara forma. O Museo de Pontevedra abría a principios de o último edificio que serve de repaso da historia da plástica galega. Facemos un percorrido poas obras máis destacadas que grazas á nova infraestrutura saen á luz.
Tiñamos a colección de escultura galega e plástica galega moi completa pero non tiñamos espazo explica Ángeles Tilve, conservadora do Museo de Pontevedra, quen leva anos traballando na musealización da colección do centro. Ata que non se abriu O sexto, a colección estaba espallada en distintos recintos que a entidade ten na cidade de Pontevedra. No Edificio Sarmiento tiñamos un espazo moi limitado, con problemas de exhibición, no que estaba o groso da exhibición, logo había outras pezas, as pétreas, que estaban nas Ruinas de Santo Domingo pero non tiñan nin unha contextualización axeitada, explica esta conservadora. Outras obras simplemente estaban gardadas no almacén.
Desde que a finais dos noventa o expresidente da Deputación, Manuel Abelenda, quedara impresionado coa cantidade e calidade das obras e decidiu pór en marcha a construción dun edificio, foise programando o discurso da arte galega desde finais do século XIV ata o século XXI. Malia as mudanzas á fronte da Deputación, os seus sucesores continuaron con este proxecto. O novo edificio, o sexto, son 23 salas, tres plantas, 10.000 metros cadrados que se foron axustando ás necesidades museográficas, explica a conservadora e unha das responsables de distribuir os espazos. Ela, Ángeles Tilve, axúdanos a comprender a relevancia destas pezas.
Primeiro andar: do gótico á Xeración Doente
A disposición do edificio segue unha orde cronolóxica que comeza no primeiro andar co gótico e que remata cos máiximos exponentes da Xeración Doente e que inclúe pezas da colección de pintura española (obras de Goya ou Sorolla, entre outras) pertencentes á colección Fernández López.
Retablo de Belvís
Hai escultura e algunha de pintura. E detacaba O retablo de belvís, incorporado ao museo no 2010 por un depósito privado. FOi o reencontró co retablo que levaba perdido desde os 40. Logo etstá o tímpano de santa maría de vigo e o san francisco. E rematamos cunha peza de san estevo de ribas de sil.
Retablo de sobrado
No novo emprazamento, están poderse exhibir as cinco táboas do Retablo de Sobrado. Explic Ángeles, que se restauraron por partes e que levan máis dunha década sen verse.
Jenaro Pérez Villamil Paisaxe con río, castelo e escenas"
Trátase dun bosquexo dunha muñeira que marcou o inicio da pintura rexionalista, de tipo folclórica.
Vítima do traballo
Remata esta sala con tres dos integrantes da Xeración Doente. Esta peza é Vítima do traballo, é a primeira vez que se ve totalmente restaurada desde que se atopou no Depóito do Museo do Prado. É a preza coa que Carrero gañou a terceira medalla no Exposición Nacional de 1899. Explica Ángeles que o Museo de Pontevedra tiña o bosquexo desta obra que apareceu no Prado dobrada como un mantel e cortada. Sabemos que estivo
Segundo andar: De Castelao ata Lloréns
iníciase a colección con Ovidio Murguía, cuarto integrante da Xeración Doente, do que se dedica unha serie de obras e mobiliario que pertencían ao Pazo de Lourizán. E esa sala enlaza coa obra de Taibo, Soutomaior e Lloréns que crean a Escola de Pintura.
Cristo Casal Dourado de Carlos Sobrino
Hai outra obra que foI premiada na exposición nacional en 1915. Trátase de Cristo de Casal Dourado de Carlos Sobrino. Non se expuxo na colección permantente porque se comprou en Bos Aires sendo esta a primera vez que se exhibe expilca Tilve que pensa que chegou alá no marco das exposicións de arte galego dos anos vinte en Bos Aires.
Tríptico de tres cegos
Esta obra de Castelao chega ao Museo de Pontevedra por mor unha cesión da Real Academia Galega, que estaba no Balneario de Mondariz. Trátase dun tríptico de nove metros que foi premio da Exposición Nacional de 1915.
Esta peza abre unha das dúas salas que achega unha visión como artista e vitrinas que exponen obxectos persoais, manuscritos e algunhas das publicacións emblemáticas, caretas das primeira representacións. Na segunda sala os álbumes de guerra completos e os debuxos de negros. Tilve explica que Castelao está moi ben representado no museo, ata tal punto que aquí houbo que facer un labor de selección moi importante.
Remata esta sala coa colección Fernández López que ten obras da pintura española moi destacadas. Entre todas estas pezas destacan obras de Sorolla e de Goya con grande valor artístico.
Terceiro e último andar: de 1925 ata 2001
O último andar está dedicado aos renovadores das artes plásticas galegas nos que están, representando á pintura, Colmeiro, Maside e Souto; mentres que como escultores están Compostela, Narciso Pérez e Eiroa. Neste sentido Tilve lembra a importancia da deputación de Pontevedra coas súas bolsas de estudos, que permitiu a formación de boa parte destes creadores. Temos moi ben representada a época de formación dos bolseiros grazas a que nas bases puña que había que entregar obra por ano e época, e a súa documentación posterior.
Traballo galego de Laxeiro
Est peza chegou desde América. De Laxeiro compráronse obras da súa época en Bos Aires como está, que é un mural que se levantou dun restaurante de Bos Aires explica Tilve. Canda esta tamén se mercou Villancico que estaba nunha terraza en bos aires.
José Frau: En el portal de José y María
A partir de ai temos a evolución da pintura e destaca un Jose Frau que nos acaba de depostar o Museo Reina sofia. A Frau tiñámolo ben representado, é unha obra de 1936 feita no momento da residencia de estudantes, do surrealismo e que se exhibe por primeria vez. Neste caso soliicitámolo nós ,porque tiña obra en almacén.
Leopoldo Nóvoa vendedor ambulante en buenos aires/Paisaje marinero en Vilaxoan
Trátase dunha obra de Leopoldo Nóvoa con dobre faz que se pode ver no museo agora, nunha vitrina que permite vez as súas dúas caras. Explica Ángeles que non se expuxo nunca e resulta moi interesante porque se trata dun Nóvoa figurativo, moi diferente do que fai despois
Monroy De par en par"
É un díptico do ano 1981.