Pontevedra prepara un novo museo subterráneo

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais estará nas proximidades de Santa María

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Ao xa anunciado Museo da Historia e mais ao Museo Aberto da Muralla, o Concello de Pontevedra sumará nos vindeiros anos un novo proxecto deste tipo. O Centro de Interpretación da Torres Arcebispais será un espazo subterráno situado nas proximidades da Basílica de Santa María. Nel poderán coñecerse os restos das mentadas atalaias e mais os restos do muro e do foxo defensivo asociado a elas. Ademais, amosaranse restos coma os proxectís de catapulta aparecidos na excavación e mais a reconstrución dunha destas armas. O local contará cun total de 715 metros cadrados e cun investimento de 1,6 millóns de euros. Prevese que o proxecto estea finalizado en oito meses. En total, achegaranse 6,5 millóns de euros ao tres espazos museísticos proxectados no casco histórico da Cidade do Lérez.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Murallas para o pasado

Murallas para o pasado

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais achega unha nova ollada á historia local de Pontevedra

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, Concello de Pontevedra, Lérez