A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inauguraba onte a exposición permanente do Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico (CXCA), situado no Pazo de Liñares en LalÃn. A mostra Recuperando o pasado amosa pezas recollidas nos traballos que realizou o propio persoal do centro en depósitos castrexos de toda a provincia. A exposición inclúe unha sala de proxeccións e céntrase en amosar a situación dos xacementos nos que se interviu ao abeiro do convenio asinado e a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento. Segundo explica a nota de prensa da Deputación, no pazo poderán verse "pezas de cerámica, moedas, colares, fÃbulas, vidros e tamén ósos achados en diversos castros da provincia de Pontevedra como o da Lanzada, Castro Alobre ou Monte do Castro". Malia a ser unha mostra permanente, os seus contidos iranse renovando segundo as pezas se vaian trasladando ao Museo de Pontevedra.