Presentan o Consello Asesor do Museo de Pontevedra

Reúne sete vogais de diferentes áreas culturais

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Onte presentouse o Consello Asesor do Museo de Pontevedra, un novo órgano de apoio á dirección que ten por obxectivo achegar ideas desde diferentes ópticas para mellorar o funcionamento da histórica entidade. Os sete membros son a directora de Mestrado Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda, Lola Dopico, a arquitecta Teresa Táboas; o pedagogo Xaime Toxo, a arqueóloga Beatriz Comendador; o crítico de arte Ramón Rozas; o empresario fundador de Esmerarte Joaquín Martínez, Kin e a artista Menchu Lamas. O Consello Asesor reunirase dúas veces por semestre e, segundo declarou o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, o seu primeiro obxectivo é pensar ao redor dos novos edificios do Museo, a rehabilitación dos edificios antigos ou a xestión. Segundo Xosé Manuel Rey, director do museo, os consellos asesores permiten "superar unha dirección de carácter excesivamente personalista" e se consideran unha "boa práctica" entre os xestores de museos.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Xaime Toxo, Menchu Lamas, Xaime Toxo...