A directora de Esdemga, Lola Dopico; a arqueóloga Beatriz Comendador; o crítico de arte Ramón Rozas; a arquitecta e ex-conselleira Teresa Táboas; o empresario fundador de Esmerarte Joaquín "Kin" Martínez; a artista Menchu Lamas; e o pedagogo e escritor Xaime Toxo son os sete vogais que integraban o Consello Asesor do Museo de Pontevedra desde 2020 e que veñen de presentar as súas dimisións en bloque. Nun comunicado conxunto xustifican a súa decisión "á vista das decisións que de forma unilateral se teñen tomado dende a Deputación de Pontevedra sobre a dirección do Museo de Pontevedra" sobre as que manifestan a súa "desconformidade". Refírense á falta de consulta á hora de facer a remuda á fronte da institución cesando ao director do Museo, José Manuel Rey, xurdido dun proceso competitivo aberto e poñendo no seu lugar como directora a Ángeles Tilve, da que non fan valoración ningunha pero si do xeito en que foi escollida de xeito directo desde a deputación provincial, "a forma de escolla fala por si mesmo do cariz das novas liñas de actuación que se configuran no futuro da institución cultural", din no seu comunicado.
Para os asesores da institución, un órgano creado e designado desde a anterior etapa política da deputación, non resulta "oportuno seguir a formar parte dun órgano que non está sendo consultado, se non ao que basicamente se ten ignorado dende o cambio de goberno". Consideran que as decisión que se están a tomar sobre o Museo responden "unicamente a motivacións de orde política" do equipo actual xurdido do resultado das eleccións locais. E aseguran non poder comprender que desde o cambio no ente provincial e a designación do vicepresidente Rafa Domínguez como responsable do Museo, non se teña convocado ao Consello Asesor, "nin para expoñer as directrices ou, de habelas, as novas liñas de traballo, nin para consultar ao respecto da idoneidade do equipo para desenvolver ese novo plan de ruta". Neste sentido non queren ser "convidados de pedra" na situación actual e coa súa dimisión pretenden evitar parecer cómplices desta toma de decisións que son, en todo caso, de orde partidista pero que non responden a ningún parámetro de orde técnica".