O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro deixará de ter a figura de director. Logo do paso do anterior directivo, José Manuel Rey, á dirección do Museo de Pontevedra, será a propia Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, a través do Servizo de ArqueoloxÃa, a que asumirá a función. Roberto Pena, o xefe do servizo, manifestou que "o centro funcionará practicamente igual coa única diferenza de que agora somos máis os profesionais do Servizo de Patrimonio os que nos adicamos ao parque, cando antes era só un", segundo recolle o Diario de Pontevedra. A empresa Trivium continuará por outros catro anos na xestión do parque.