O Instituto Padre Sarmiento acolleu esta fin de semana a xuntanza semestral da Comisión Executiva do Europeae Archaeologicae Consilium, un organismo destinado a asesorar e propor directivas e recomendacións á Unión Europea na área do Patrimonio Arqueolóxico. O grupo visitou a área do futuro Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, destinado á arte rupestre, e mantivo sesións de traballo con membros dos servicios de arqueoloxÃa da Xunta de Galicia, do Laboratorio de ArqueoloxÃa do Instituto de Estudios Galegos e do Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe da Universidade de Santiago.
Máis información en
La Voz de Galicia