Nos últimos meses os petróglifos de Campo Lameiro están a se revelar como unha fonte constante de novas. A posta en marcha de iniciativas como as visitas con cans, a integración da gastronomía na oferta do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre e, especialmente, a descuberta de varios gravados novos poñen de actualidade un espazo que amosa xeitos diferentes de se achegar a este peculiar patrimonio.
Hai algo máis de ano e medio a empresa Trivium gañaba o concurso para a xestión do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) de Campo Lameiro ata 2019. Desde hai uns trece meses, o equipo traballa para a coñecer uns bens que, segundo a luz que reciban, poden resultar totalmente invisibles para os visitantes. Ademais, ao carecer da espectacularidade doutros monumentos históricos supoñen un desafío que esixe xeitos anovadores de os achegar ao grande público.
Tal e como lembra Juan Anca, responsable de comunicación do centro, "un dos nosos obxectivos era pasar de ser un centro de atención de visitantes a ser un espazo onde valorar e traballar a experiencia de quen vén. A partir desta perspectiva desenvolvemos unha serie de actividades de promoción cultural e departamentos comerciais e didácticos para captar o público e conseguir que saia satisfeito". Para desenvolver este plan de acción "contamos con Jordi Juan Treserras", especialista en Turismo Cultural da Universidade de Barcelona que desenvolve un labor continuo de asesoramento técnico cos responsables deste espazo. Para desenvolver este proxecto innovador, Anca salienta a importancia do equipo que desenvolve as actividades do PAAR. "Contamos con arqueólogos especialistas en arte rupestre para guiar as visitas, e que ademais teñen experiencia como guías. Temos un equipo de primeiro nivel e o grao de satisfacción que observamos é moi alto".
O patrimonio
Para alén do traballo do equipo, non se pode esquecer a importancia que ten o conxunto arqueolóxico e que sitúa ao parque como cabeceira do país neste tipo de bens. "Só en lugares puntuais de Italia, Suecia ou parte das Illas Británicas se atopa unha concentración como esta de gravados ao aire libre en granito", explica o responsable de comunicación do parque. Unha destacada exposición permanente que explica e contextualiza os gravados, un itinerario de máis de tres quilómetros que permite descubrir a grande densidade de petróglifos que se atopan en Campo Lameiro así como a variedade de motivos que existen nos mesmos en diferentes partes do país e a existencia de algúns dos máis destacados conxuntos deste tipo que existen no mundo son unha base sólida sobre a que desenvolver o traballo de divulgación que se desenvolve desde o PAAR.
Problemas de pedra
O traballo con gravados rupestres ten complicacións específicas. Por unha banda está a propia fraxilidade duns elementos tan antigos. "Son bens moi sensibles", advirte Anca. "O acceso da xente ten que ser reducido pola posible erosión, entón nós recomendamos facer roteiros guiados e ter moi ben sinalizados os espazos para favorecer as visitas". Canda a isto, un problema destacado é a propia visibilidade de moitos dos gravados na rocha, que varía ao longo do día segundo o ángulo no que incida a luz solar e que fai que en ocasións algúns mesmo sexan imposibles de distinguir. "Non se ven todo o tempo. Os mellores momentos son a primeira hora da mañá e a última da tarde, cando a luz inclinada resalta os riscos", de xeito que as sombras preséntanse como un elemento indispensable para aprezar esta arte. Esta problemática foi aproveitada polo equipo para desenvolver o Noitepedras, un programa de visitas nocturnas nas que se emprega luz artificial oblicua para garantir a máxima visibilidade das pezas e que está a obter un grande éxito.
Conexión local
Unha das primeiras medidas que desenvolveu Trivium ao pouco de se facer cargo do espazo foi establecer a entrada de balde ao parque para os veciños empadroados no concello de Campo Lameiro. "Nós non concibimos un proxecto cultural sen manter contacto coa poboación local. Ao chegar comprobamos que a xente do lugar vía moi negativamente o parque e non o tiña integrado como parte da súa identidade", explica Anca. De xeito similar, apostaron por buscar conexións con negocios da zona. Con estas medidas, foron moitos os habitantes da zona que descubriron o lugar. "Moita xente quedou sorprendida e agradecida, e algúns voltan varias veces e mesmo traen a familia que está emigrada cando veñen a visita. Vemos que aos poucos o integran e o ven como algo seu".
Experimentos, cans e teatro
Á hora de amosar os gravados, desde o PAAR "consideramos que hai que construír un relato dos contidos rigoroso e ao tempo ameno". Nesta perspectiva apostan desde o primeiro momento por incorporar contidos de arqueoloxía experimental á oferta do parque. Obradoiros sobre como se traballaba o barro, se cazaba, como se facían os petróglifos ou o xeito no que se acendía o lume na época permiten que a xente viva por si mesma diferentes aspectos da prehistoria.
Unha das novidades deste ano foi a incorporación de visitas con cans á oferta do parque. "Foi algo que falamos xa no plan estratéxico. Tentamos seguir un pouco modelos de museos ingleses e aí vimos un oco pouco atendido no noso país". Un acordo coa empresa (tamén galega) Perriturismo, especializada na oferta para xente con mascotas caninas permite que cada venres grupos de ata quince persoas boten a tarde a coñecer a arte rupestre. "a xente agradece moito esta oferta e quedan encantados, hai moi poucos espazos con estas características", asegura Juan Anca.
Outra proposta que está a gañar forza son as visitas teatralizadas, unha iniciativa na que os grupos teatrais Os Quinquilláns e Volta e Dalle encarnan o xeito no que se vivía na prehistoria. Segundo explica Anca, "traballan moi ben os contidos, investigan en libros e investigación, pregúntanlle aos arqueólogos Conseguen unha representación que resulta moi agradable, á vez divertida e rigorosa".
Gastropedras
A integración da gastronomía foi outra das novidades do proxecto. Deste xeito, hai opción de cea para completar as visitas nocturnas, e de xeito puntual desenvólvense outras actividades que teñen a comida como eixe. "Organizamos dun showcooking de cociña prehistórica da man dos portugueses Prehistoric skills con degustación incluída, e tivo un éxito tremendo. A xente puido ver as técnicas de cociña e probar o peixe, os froitos silvestre ou a carne ao espeto", lembra o responsable de comunicación.
Investigación constante
Por se fose pouco, amosar e explicar estes elementos esixe estar ao tanto das últimas investigacións sobre o tema. "Hai que estar ao día. Teñen un significado moi aberto, e en grande medida é descoñecido", lembra Anca. Precisamente o apartado de investigación é algo que non deixan de lado no PAAR, como amosa a recente descuberta de novos e importantes gravados que ata o momento non estaban catalogados e que obrigan a mudar a concepción que existía sobre este conxunto. "O conxunto de petróglifos que se coñecían era semellante a outros próximos como os do Tourón ou os da Caeira, onde hai uns gravados principais e outros que os rodean. Aquí temos a Laxe dos Carballos, que é único e a Laxe dos Cogolludos, pero sorprendentemente aparece un novo no que se pode ver unha arma, a segunda máis grande representada en Galicia. E arredor hai como vinte e catro cervos pequenos. E isto é moi raro, non se sabe que fai aí. E agora aínda apareceu outro que tamén é moi atípico, e todo isto supón un desafío para os investigadores", explica Anca. Para alén de descubertas, o Parque programa ao longo do ano diferentes iniciativas de formación, como cursos de fotografía nocturna, metalurxia ou técnicas para o rexistro deste tipo de arte. "Colaboramos con universidades de Galicia e Portugal. Somos conscientes de que cómpre xerar coñecemento de xeito continuo porque hai máis dúbidas que respostas", asegura o responsable de comunicación.
Cifras e calidade
Aos poucos, o traballo comeza a dar os seus froitos. "Este ano comezamos a notar un incremento do número de visitantes, tanto xerais como escolares". Polo momento en 2016 foron unhas 10.000 as persoas que pasaron polo lugar, e a previsión e acabar o ano con preto de 13.000. Aínda que o equipo de Trivium recoñece que "loxicamente queremos unha mellora no número de visitantes, pero estamos máis preocupados en ofrecer un servizo de calidade que mellore a satisfacción e a experiencia do visitante". Polo momento os resultados neste sentido son moi positivos. "Hai moito público foráneo, sobre todo inglés e francés que queda abraiado porque non coñecía este tipo de patrimonio".
Perspectivas
Entre os proxectos máis próximos está a escavación dun dos novos petróglifos atopados. "Hai xa un convenio coa comunidade de montes de Paredes, que están moi interesados en que se acondicione e se fagan visitas guiadas", explica Anca. A máis longo prazo, os responsables do parque salientan a necesidade de "traballar máis os grupos. Debemos mellorar a captación de asociacións culturais e colectivos que participen en visitas organizadas". A maiores, anuncian que para o vindeiro ano "queremos incorporar a arqueoastronomía. Neste verán xa fixemos unha actividade a coincidir coa choiva de estrelas fugaces das Perseidas, pero imos facer máis. A situación dos petróglifos sempre ten algo a ver coa situación das estrelas, estamos a traballar cun investigador do CSIC esta relación no parque. Ademais, queremos que se saiba que desde aquí se ven moi ben as estrelas, hai moi pouca contaminación lumínica".