O Parque da Arte Rupestre contará con 850.000 euros para os seus primeiros 4 anos

A Consellaría de Cultura licita a xestión deste espazo, que abrirá a comezos do vindeiro ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Consellaría de Cultura publicaba onte no Diario Oficial de Galicia a licitación da concesión para a explotación integral do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, en Campolameiro. A empresa que se faga co servizo disporá de 850.000 euros para xestionar este espazo ata o final de 2014. O proceso prevé a apertura do centro para o 1 de xaneiro de 2011, ou ben cando se resolva o contrato, que como mínimo non ficará fechado antes do día 10 de xaneiro. Na mesma convocatoria explícase que a montaxe expositiva do centro está xa rematada.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía

Claves

Conceptos