A muller protagoniza a nova edición das Xociviga

As Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia comezaron onte no Carballiño

3/8/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Un curso sobre cinema e muller e un ciclo de cinema en feminino son as actividades que lle dan o ton á nova edición da Xornadas de Cine e Video de Galicia (Xociviga) que comezaron onte no Carballiño. O encontro programa ademais unha exposición sobre cine e o Camiño de Santiago, mesas redondas e conferencias e mais un ciclo dedicado á cineasta urugaia Manane Rodríguez, con tres dos seus filmes. Tamén se proxectarán diferentes filmes destinados aos máis novos.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Xociviga, Carballiño, Manane Rodríguez...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares