Salceda de Caselas presentaba o pasado dÃa 5 a recuperación do seu Entroido tradicional, que levaba máis de medio século desaparecido. Cabaleiros, danzantes, damas e mamarrachos protagonizarán de novo unha festa na que non faltarán os ranchos, as loitas con borralla ou as vexigas de porco entre outros elementos. A Asociación Cultural A Feira foi a responsable de documentar e reactivar esta tradición.
A Mázcara
O traballo das mulleres da Xironda, en Cualedro, permitiu recuperar o personaxe da Mázcara, similar a eliqueiros e cigarróns. A partir da tradición oral e dun antigo traxe conservado, desde a Asociación A Mázcara na Picota levan xa varios anos a traballar para darlle vida a este Entroido tradicional, pero é este ano cando contarán con 18 traxes máis que van garantir unha nutrida presenza destas Mázcaras polas rúas da vila entre o 11 e o 13 de febreiro.
Exército de Panos
Tamén se consolida o Exército de Panos, tradicional desfile de Arcos, en Mazaricos, que voltou á rúa o pasado ano logo dun lustro sen se celebrar. A celebración, con raÃces na Guerra de Independencia e reminiscencias nas batallas de moros e cristiáns, reúne unha grande cantidade de participantes que interpretan diferentes papeis e oficios. As asociacións Eu Son Mazaricos, AC de Antes, AV O Souto de Arcos e a Asociación De amas de Casa colaboran na organización do programa de festas.
Choqueiros
Pola súa banda, o Concello da Coruña presentaba esta mañá Choqueiros. Breve crónica histórica do carnaval coruñés, un libro do historiador Xosé Alfeirán que quere "rescatar do esquecemento, e dun xeito riguroso, as crónicas dunha tradición cultural e festiva como é o entroido coruñés", segundo explicou o autor. As crónicas da época e espedientes municipais sobre as celebracións abordan a evolución destas festas ata 1882. Segundo Alfeirán,"cada 25 ou 30 anos, froito dunha nova xeración e da evolución histórica e socio-económica da cidade, o Entroido presenta numerosos cambios, aÃnda que mantén compoñentes comúns que perviven até o dÃa de hoxe". Segundo adiantou o concelleiro de Cultura, José Manuel Sande, está previsto que a obra teña continuidade a abordar os seguintes perÃodos históricos da festa.
Choqueiros. Breve crónica histórica do carnaval coruñés.A Mázcara