Pedraquetiña presenta Cantares

Tres xeracións de cantareiras fan parte do proxecto

2/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Capa de Cantares, de Pedraquetiña

Tres xeracións de cantareiras de Toutón (Mondariz) danse cita en Pedraquetiña, un proxecto musical que pretende recuperar os sons dos seráns. Logo de varios anos de traballo, agora tiran á luz Cantares, un disco gravado no estudio Casa de Tolos no que o grupo amosa o seu bo facer con 14 temas que mesturan as melodías e letras tradicionais con composicións propias. En total son dez cantareiras, dúas gaitas, tambor, bombo e acordeón que dan un son centrado na percusión (pandeiretas, cunchas e tarrañolas). O álbum sae á luz da man de Treixadura Gaiteiros Música.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Treixadura, Mondariz

Claves

Entidades
Lugares