Puntada Sen Fío preséntase con A lúa prendeu a luz

O grupo aposta por reinterpretar a tradición con instrumentos poucos convencionais

2/7/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música

Xiana Lastra, Juan Collazo e Roberto Rama compoñen Puntada Sen Fío, un grupo enfocado na tradición musical que acaba de publicar o seu primeiro traballo logo dun exitoso proceso de crowdfunding na plataforma Verkami. A lúa prendeu a luz achega nove temas "de moi diferentes estilos, partindo algúns do tradicional e sendo outros composicións propias, de autores da nosa terra ou traducións de cantigas escritas orixinariamente noutras linguas". O grupo aposta por instrumentos orixinais, como o saxo, o vibráfono ou a percusións para interpretar uns temas nos que a tradición ten un importante peso. A Feira do Viño de Caldas, o 3 de xullo será a vindeira cita ao vivo deste conxunto.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Caldas

Claves

Conceptos
Lugares