Ophiusa presenta cun concerto na FNAC o seu segundo disco

Sen planeta evolúe cara a sons máis eléctricos

14/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O vindeiro 16 de abril a FNAC da Coruña acolle a presentación de Sen planeta, segundo traballo do grupo Ophiusa. Segundo anuncian no seu MySpace o conxunto evolúe "cara á parte máis eléctrica e ecléctica dentro do seu propio son". Todas as pezas inclúidas no disco, autoproducido pola banda, son da autoría dos membros do grupo, e nas mesmas atópanse colaboracións coma as de Bieito Romero, de Luar na Lubre, Óscar Fernández de bOnOvO ou Benxamín Otero, de Linho do Cuco. A gravación realizouse nos estudios Pink, do propio grupo. Despois da presentación, o vindeiro 27 de abril o grupo visita o Salón Teatro de Compostela no marco do ciclo ST Música Presente

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con FNAC, Benxamín Otero, Bieito Romero, Teatro...