Violeta Mosquera (baterÃa e voces) e Anxela Baltar (guitarra e voces) fan do ruÃdo virtude e están resultar mención imprescindible á hora de falar da escena do rock alternativo e independente sen concesións. Hoxe estréase en redes o seu novo disco Lume, gravado en Catalunya en Ultramarinos Costa Brava e Cal Pau Recordings e editado polo selo Matapadre. Nove temas de contundencia indiscutible dan boa continuidade e relevo a aquel primeiro disco Human Flesh (2015) que xa as levou por escenarios de salas e festivais. Para este ano xa se confirmou a súa aparición cun previsiblemente potente directo no cartel do Resurrection Fest e no Woodrocks e agora veñen de poñer sobre a mesa unha longa lista de concertos que comezarán este mesmo xoves, 2 de marzo, en El Pueblo café Cultural de Ourense e que incluirá ata maio 16 concertos na penÃnsula ademais dun importante salto internacional con catro concertos en Tokyo e seis en Australia, catro deles en Melbourne. O tema que abre o disco, Colmillos, xa ten videoclip de fasquÃa dura e escura, como corresponde ao dúo que fascina a indies, heavys e punks por igual.