Colectivo Oruga xa teñen á venda o seu disco Too many knobs

Con este disco inaugúrase o catálogo do selo Matapadre

15/11/2010 | Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

O trío electro-pop Colectivo oruga integrado por Álex Mera, Iago Martínez e Cuco Pino ven de poñer nas tendas o seu primeiro CD Too many knobs, traballo co que tamén abren o catálogo do novo selo Matapadre. Compoñen o disco nove temas cantados integramente en inglés. Os primeiros temas do disco xa poden escoitarse no MySpace do grupo, onde iran colgando cada semana cancións ata que estea o disco ao completo. Too many knobs gravouse entre os estudos Villa Angelina de Vigo e Litium de Pontevedra e masterizouse nos West Side Studios de Nova York. O primeiro videoclip de colectivo oruga December’s descent, foi realizado por Toño Chouza e está pendente de estrea.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Pino, Nova York, Pontevedra...

Claves

Conceptos