Colectivo Oruga lanza Paraíso caníbal

O segundo disco achega oito temas na liña de electro-rock bailable do grupo

8/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Capa de Paraíso Caníbal

Oito novos temas de electro-rock bailable compoñen Paraíso caníbal, o segundo disco dos ponteareáns Colectivo Oruga. O disco, que sae da man de Matapadre, gravouse nos estudios Sá da Bandeira do Porto e mais en 24-96 Masteringen de Karlsruhe, Alemaña. Para alén da edición física, o álbum pódese escoitar íntegro en Bandcamp. A xira de presentación arrincaba onte en Barcelona e leva ao grupo a Castellón e Madrid nos vindeiros días. Para maio está previsto que visiten Galicia, con actuación en La Fábrica de Chocolate de Vigo o día 4 e no coruñés LeClub o 11.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Vigo, Barcelona, Madrid...

Claves

Conceptos