Case cinco anos separan este Maleza (Century Media Records, 2021) do segundo traballo de Violeta Mosquera (baterÃa e voces) e Anxela Baltar (guitarra e voces) naquel auténtico bombazo recoñecido pola crÃtica que foi Lume(Matapadre, 2017). Nada perderon e moito gañaron as Bala neste tempo. Polo pronto o apoio dun selo internacional como o alemán Century Media, especializado na música Metal e con artistas coma Angelus Apatrida ou Arch Enemy no seu catálogo. Gañan tamén engadindo o galego ao seu repertorio de letras, con ese magnÃfico Rituais, do que xa sacaron vÃdeo de presentación. Ademais gañan cun nivel de produción sonora de enorme calidade e cheo de detalles que fan dos nove temas de Maleza unha experiencia de viaxe ao máis escuro recuncho do corazón da besta desde ese trmendo Agitar de apertura.
As galegas amosan neste disco, gravado de novo en Catalunya en Ultramarinos Costa Brava, a variedade das súas referencias, sempre pasadas polo prisma da contundencia sen concesións e que, como é marca da casa conseguirá chegar por igual a seguidores de rock, metal, de punk rock, stoner e mesmo do grunge. A autenticidade da súa proposta e a forza sonora son os mellores pasaportes para abrirlles todas as portas e iso están lonxe de perdelo con este novo traballo e queda reflectido neste disco que toda a crÃtica está tamén enxalzando xa. Faltan agora as oportunidades de velas en directo. Maleza xa está dispoñibles nas plataformas dixitais e á venda en CD ou vinilo.