Happy Lonely People marca o retorno de Escuchando Elefantes

Logo de presentar o seu segundo disco na Coruña, a banda actuará en Vigo o vindeiro 22 de novembro

11/11/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Dezasete novos temas en inglés nos que manteñen a súa liña indie-folk. O dúo coruñés formado por Escuchando Elefantes retorna dous anos despois do seu primeiro traballo con Happy Lonely People. O álbum autoeditado gravouse entre España, Irlanda, Estados Unidos e o Reino Unido, e presentouse ao público o pasado 15 de outubro cun concerto no Teatro Colón da Coruña. O auditorio Afundación de Vigo acolle o segundo concerto de presentación e dará paso a unha xira que ten datas previstas en España e Irlanda. O videoclip do primeiro single deste novo traballo, Garden's Road, que dirixiron Juan Galiñanes e Olga Osorio foi xa seleccionado para vinte festivais internacionais.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Vigo, Irlanda, Olga Osorio...