Linda Guilala presenta en Lugo Psiconáutica

O grupo acaba de lanzar un single e un vídeo do seu segundo álbum

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Linda Guilala presenta en Lugo Psiconáutica

O Clavicémbalo de Lugo acolle esta noite o concerto de presentación de Psiconáutica, o segundo álbum da banda viguesa Linda Guilala. Logo de sete anos sen lanzar un LP, o novo traballo achega nada menos de vinte novos temas, máis da metade dos cales duran menos dun minuto. As guitarras e os muros de son manteñen o estilo do grupo na liña do shoegazing con que se deron a coñecer. Logo de que Elefant Records publicase o disco o pasado mes de outubro, o grupo aínda tivo tempo de lanzar o single e vídeo Accidente, no que inclúen unha versión do Sé Girasol de Silvania. O álbum gravouse no Kaiju Estudio de Vigo.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Muros, Vigo

Claves

Lugares